O día 10 de decembro de 2020 tivo lugar a xuntanza do equipo de traballo do proxecto Biolumen. O acto tivo lugar nas instalacións da empresa santiaguesa, Televés, e contou coa presencia do equipo técnico de Ferrovial, USC e Televés, por unha banda, e por outra o equipo de traballo da Oficina Técnica e persoal do Concello de Santiago de Compostela.
Os obxectivos do proxecto Biolumen son o desenvolvemento e implementación de sistemas innovadores de alumbrado público con tecnoloxía LED, telecontrolado e con capacidade bioestática, fácilmente integrables co patriominio cun mínimo, ou nulo, impacto arquitectónico.
Con este traballo será posible conseguir as seguintes marcas:
- aforros enerxéticos en torno ao 80% anual
- reducir o gasto de mantemento da iluminación ornamental nun 60%
- reducir o gasto empregado na conservación nun mínimo dun 50%
- desenvolver solucións baseadas en principios de economía circular
- respecto pola biodiversidade

