Innovación

  1. Liña de actuación aplicada á iluminación ornamental intelixente para conservación do patrimonio

A iluminación pública e a conservación de fachadas de elevado valor patrimonial. Supón 3,5 M€/ano en electricidade e mantemento de luminarias, un 9 % do capítulo 2 do orzamento anual do Concello. Nunha Cidade Patrimonio da UNESCO con elevada afluencia turística, a iluminación supón un valor engadido. Ademais, a conservación e mantemento de elementos do patrimonio construído implican importantes gastos recorrentes.

  1. Convenio Smartiago

O 4 de decembro de 2017, o Concello asina co Ministerio de Economía, Industria e Competitividade (agora, Ministerio de Ciencia e Innovación, en diante MICIN) o Convenio de colaboración para o proxecto SMARTiAGO que prevé a utilización de compra pública innovadora (CPI) para a implantación de servizos de calidade cun horizonte temporal de 4 anos.

O seu obxectivo principal é a posta en marcha da folla de roteiro formado por un conxunto de solucións tecnolóxicas innovadoras no ámbito das cidades intelixentes, encamiñadas a converter Santiago de Compostela na primeira iniciativa que busca eficiencia, máxima aplicabilidade e adaptación da I+D ás problemáticas das Cidades Patrimonio no seu conxunto, de forma que os resultados sexan altamente escalables, eficientes e replicables noutras cidades ou contornas nos que o Patrimonio Histórico sexa un atributo distintivo das mesmas.

Trátase do primeiro convenio que o MICIN asina cunha Administración Local baseado no modelo de CPI aplicando o procedemento de Asociación para a Innovación.

O proxecto SMARTiAGO conta cun orzamento de 6.180.000 €, que se financian nun 80% (4.944.000 €) por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) do Programa Operativo de Crecemento Intelixente ( POCINT) 2014-2020:

• Obxectivo Temático 1: Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.

• Prioridade de Investimento 1. b: O fomento do investimento empresarial en I+D+i, o desenvolvemento de vínculos e sinergías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes.

• Obxectivo específico 1.2.1: Impulso e promoción de actividades de I+D+i lideradas polas empresas e apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras, en relación ás actuacións cofinanciadas dentro da liña de actuación de impulso á innovación desde a demanda mediante actuacións de compra pública de innovación (CPI).

O Convenio prevé o cofinanciamento de iniciativas do proxecto SMARTiAGO estruturadas en tres liñas de actuación:

• Liña Xestión sostible e intelixente de residuos sólidos urbanos ou O servizo de xestión de residuos sólidos urbanos ( RSU) e limpeza viaria ( LV). Implican un custo anual de 11,55 M €/ano, o que supón o 28,3% do capítulo 2 do orzamento municipal (datos de 2015). Ademais, cun pobre 13% de recollida selectiva, moi por baixo do obxectivo de reciclaxe e preparación para a reutilización marcado pola UE: 50% en 2020 e 65% en 2030.

• Liña Mobilidad intelixente e sostible ou A mobilidad e acceso de vehículos de residentes, visitantes e carga e transportistas no centro e centro histórico de Santiago de Compostela, patrimonio da UNESCO. A elevada actividade hostaleira e comercial implica unha desordenada actividade de vehículos de transporte de “última milla”, cuxo control se basea en elementos físicos non integrados co patrimonio e control humano, con impacto no estacionamento e bloqueo de vehículos de emerxencia e recollida de residuos.

• Liña Alumado ornamental intelixente para conservación do patrimonio ou A iluminación pública e a conservación de fachadas de elevado valor patrimonial. Supón 3,5 M€/ano en electricidade e mantemento de luminarias, un 9% do capítulo 2 do orzamento anual do Concello. Nunha Cidade Patrimonio da UNESCO con elevada afluencia turística, a iluminación supón un valor engadido. Ademais, a conservación e mantemento de elementos do patrimonio construído implican importantes gastos recorrentes.

O proxecto ten un importe total de 6.180.000 euros, que se executarán nunha Fase de I+D+i: cun prazo de execución de 4 anos desde a entrada en vigor do Convenio, comprenderá todo o proceso de adquisición de solucións mediante compra pública de innovación.

SMARTiAGO permitirá ademais posicionarse tecnoloxicamente nun campo novo a empresas con gran capacidade tecnolóxica, ás Universidades e Centros de I+D+i do ecosistema local e galego, todo iso acometendo novos retos en liña co obxectivos FEDER 2014-2020.

  1. Sustentabilidade ambiental

O proxecto Cromalux, comprometido coa iluminación sostible, promove a prevención e redución da contaminación lumínica co desenvolvemento e instalación de solucións de iluminación intelixente en fachadas e monumentos, coa finalidade de:

• Promover un uso eficiente da iluminación exterior, sen menoscabo da seguridade que debe proporcionar aos peóns, os vehículos e as propiedades.

• Emprego de tecnoloxía LED coas luminarias e ópticas adecuadas e sistemas de control correctamente programados. Así como temperaturas de cor cálidas; en caso de iluminación dinámica coloreada en tons fríos proponse utilizala unicamente de forma esporádica.

• Preservar ao máximo posible as condicións naturais das horas nocturnas en beneficio da fauna, a flora e os ecosistemas en xeral.

• Previr, minimizar e corrixir os efectos da contaminación lumínica no ceo nocturno, e, en particular na contorna dos observatorios astronómicos que traballan dentro do espectro visible.

• Reducir a intrusión lumínica en zonas distintas ás que se pretende iluminar, principalmente en contornas naturais e interior de edificios.