O proxecto Smartiago desenvólvese en virtude dun convenio de colaboración da Liña FID (Fomento da Innovación desde a Demanda) entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e o Concello de Santiago de Compostela e está financiado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirregional de España 2014-2020. Tamén está cofinanciado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) nun 10 %.
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) ten como obxectivo fortalecer a cohesión socioeconómica dentro da Unión Europea corrixindo os desequilibrios entre as súas rexións.
O FEDER centra os seus investimentos en varias áreas prioritarias clave. Isto coñécese como «concentración temática»:
• Innovación e investigación
• Programa dixital
• Apoio ás pequenas e medianas empresas (pemes)
• Economía de baixas emisións de carbono Os recursos do FEDER asignados a estas prioridades dependerán da categoría da rexión.
• Rexións máis desenvolvidas, polo menos un 80 % dos fondos debe centrarse en dous destas prioridades como mínimo.
• Rexións en transición, o límite mínimo é dun 60 % dos fondos.
• Rexións menos desenvolvidas, o mínimo é do 50 %. Ademais, algúns dos recursos do FEDER deben destinarse especificamente a proxectos de economía de baixas emisións de carbono:
• Rexións máis desenvolvidas: 20 %.
• Rexións en transición: 15 %.
• Rexións menos desenvolvidas: 12 %.
Cooperación territorial europea
No marco dos programas de Cooperación territorial europea, polo menos un 80 % dos fondos concentraranse nas catro áreas prioritarias mencionadas anteriormente.
Características territoriais específicas
O FEDER presta especial atención ás características específicas de cada rexión. A acción do FEDER deseñouse para reducir os problemas socioeconómicos e ambientais nas áreas urbanas e céntrase especialmente no desenvolvemento urbano sostible. Polo menos un 5 % dos recursos do FEDER se reserva para este labor, a través das «accións integradas» xestionadas polas cidades.
As zonas desfavorecidas por causas naturais desde o punto de vista xeográfico (zonas remotas, montañosas ou pouco poboadas) benefícianse dun tratamento especial. Por último, as zonas ultraperiféricas tamén se benefician da axuda específica do FEDER para solucionar os posibles inconvenientes debidos á súa distancia.
Máis información: Normas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Documento:
Convenio Ministerio
Addenda convenio Innovación
- Liña de actuación aplicada á iluminación ornamental intelixente para conservación do patrimonio
A iluminación pública e a conservación de fachadas de elevado valor patrimonial. Supón 3,5 M€/ano en electricidade e mantemento de luminarias, un 9 % do capítulo 2 do orzamento anual do Concello. Nunha Cidade Patrimonio da UNESCO con elevada afluencia turística, a iluminación supón un valor engadido. Ademais, a conservación e mantemento de elementos do patrimonio construído implican importantes gastos recorrentes.
