CROMALUX simboliza o importante compromiso adquirido polas empresas que integran o consorcio. A Universidade de Santiago de Compostela creou un equipo de investigación, dirixido polo grupo de maior experiencia dentro da Universidade no estudo do patrimonio monumental construído (grupo GEMAP), que achegará a súa dilatada experiencia no estudo da colonización biolóxica sobre monumentos, ademais da máis recente adquirida en iluminación do patrimonio, encargándose da parte científica do proxecto. Pola súa banda, Ferrovial achega toda a súa traxectoria e coñecemento sobre a instalación e mantemento de solucións de iluminación ornamental, así como das necesidades e requisitos do cliente. Televés cobre o oco xerado entre investigación e servizo, deseñando, desenvolvendo e industrializando unha solución que sexa capaz de satisfacer os requirimentos froito da investigación e do coñecemento das necesidades do servizo, cun produto que ofreza as máximas garantías de calidade e de funcionamento.

