Qué é Cromalux?

O proxecto CROMALUX pretende empregar a iluminación intelixente para protexer edificios e fachadas das agresións externas. Neste sentido, levará a cabo o desenvolvemento e instalación de solucións de iluminación intelixente en fachadas e monumentos históricos de Santiago de Compostela que axuden a frear e controlar o crecemento de colonias biolóxicas que degradan estas infraestruturas, mellorando a conservación e reducindo a necesidade de complexas intervencións de mantemento e restauración.

O proxecto CROMALUX  

márcase como obxectivo principal preservar a condición de Santiago de Compostela como modelo de conservación do patrimonio a través da iluminación ornamental intelixente. Para iso estase desenvolvendo un sistema de iluminación eficiente e medioambientalmente responsable para o control da colonización biolóxica en elementos de alto valor patrimonial, aproveitando a tecnoloxía LED e o telecontrol da iluminación con capacidade biostática, que é facilmente integrable en edificios con alto valor patrimonial, cun mínimo ou nulo impacto arquitectónico.

Coa execución desta iniciativa na fachada norte da Casa do cabildo, na praza de Praterías de Santiago de Compostela, lograranse os seguintes beneficios:

• Un 80 % de aforro enerxético anual.

• Un 60 % de aforro nos gastos de mantemento das luminarias.

• Un 50 % de aforro nos gastos de tarefas de conservación patrimonial.

• Un sistema de iluminación respectuoso coa biodiversidade.

• Unhas luminarias de maior vida útil, reciclables e que non emiten calor.
Cromalux forma parte do proxecto Smartiago, no marco da Liña de Fomento da Innovación desde a Demanda (FID), na que se aúna a preservación do patrimonio, xunto a tecnoloxías intelixentes que permiten ás cidades avanzar cara á creación da Smart City que busca a eficiencia, a sustentabilidade e aproveitar a tecnoloxía para mellorar infraestruturas que afectan o patrimonio, como é o caso da iluminación.

Grazas a este proxecto conxunto, Santiago de Compostela está máis preto de converterse na cidade europea referente en solucións de iluminación que ten en conta a sustentabilidade, a herdanza patrimonial e o avance tecnolóxico cara ás cidades intelixentes.

Compromiso público-privado

As sinerxias entre investigación e innovación conseguiron que a iluminación tamén sexa un elemento crave para coidar do patrimonio arquitectónico e monumentos históricos de moitas cidades. CROMALUX significa un gran compromiso para as empresas que integran o consorcio.

Para facer realidade este proxecto piloto, levouse a cabo unha colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, Televés e Ferrovial.

Así, a USC organizou un equipo de investigación, dirixido polo grupo de maior experiencia dentro da Universidade no estudo do patrimonio monumental construído (grupo GEMAP), que achegará toda a súa experiencia de anos no estudo da colonización biolóxica sobre monumentos, ademais da máis recente adquirida en iluminación do patrimonio, encargándose da parte científica do proxecto. Pola súa banda, Ferrovial achega toda a súa traxectoria e coñecemento sobre a instalación e mantemento de solucións de iluminación ornamental, así como das necesidades e requisitos do cliente. Televés cobre o oco xerado entre investigación e servizo, deseñando, desenvolvendo e industrializando unha solución que sexa capaz de satisfacer os requirimentos froito da investigación e do coñecemento das necesidades do servizo, cun produto que ofreza as máximas garantías de calidade e de funcionamento.

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Unha maneira de facer Europa